25 de febreiro de 2010.- A portavoz do BNG Rosana Pérez Fernández, os concelleiros Severino Romero, Xosé Manuel Casal Sabín e Xosé Lois Piñeiro García, xunto co viceresponsábel local, Xesús Vilasó, que presentou o acto, así como outros membros da Asemblea Local, desprazáronse o xoves 25 de febreiro ata a escola da Granxa, en Santa Cruz, onde mantiveron unha reunión cos veciños e veciñas da zona. A nosa portavoz informou das iniciativas que temos levado a cabo en relación coa parroquia. A continuación escoitamos as inquedanzas da veciñanza referentes ao goberno municipal, as principais foron a problemática da ampliación do cemiterio da parroquia, a posibilidade de cubrir a pista deportiva e construir un centro social a carón da escola, a rede viaria e o saneamento.
19 de febreiro de 2010.- Fernando Branco, deputado do BNG no Parlamento Galego, responsábel da área de Economía, Facenda e Orzamentos, estivo no local do ISM para explicar porque o BNG apoia a fusión das duas caixas máis importantes do país. Entre outras cuestións, afirmou que é preciso que o centro de decisión de como se invirten os aforros dos galegos e galegas permaneza en Galiza e non noutras partes do estado. Estivo acompañado pola responsábel comarcal Dores Torrado e pola portavoz do BNG Rosana Pérez Fernández.
A Pobra, 9 de febreiro de 2010.- A concelleira do BNG Cristina Andrade presentou unha moción ao pleno de xaneiro de 2010 sobre a situación dos centros educativos do noso municipio. O escrito reclama unha maior atención no coidado e mantemento das escolas de infantil e primaria. O PP votou en contra desta iniciativa respaldada pola opinión da comunidade educativa do noso concello.
4 de marzo de 2010.- O BNG dou a coñecer nunha rolda de prensa unha moción que o concellal Xosé Manuel Casal Sabín presentou para a súa inclusión no pleno do 25 de febreiro, sobre a proposta de reforma das pensións de xubilación do goberno do estado. Estivo arroupado pola portavoz municipal Rosana Pérez, e pola concelleira Amparo Cerecedo e o concelleiro Xosé Lois Piñeiro. Na moción o BNG amósase contrario a ampliación da idade de xubilación dos 65 aos 67 anos. Trátase dunha medida errada, polo cal solicitamos que o concello inste á Xunta a que se dirixa ao Goberno Central para que retire esta proposta. Rosana Pérez fixo referencia ás políticas alternativas que o BNG reclama para facer fronte á crise. [...]
O BNG celebrou un acto político con motivo do desmantelamento do ensino público que está levando a cabo o goberno do PP [...]