O BNG denuncia o despilfarro do equipo de goberno do PP que saiu a relucir no último Pleno Municipal

Meses atrás celebráronse en Tui dous eventos deportivos que tiveron moi pouca repercusión na sociedade local e nos deportistas tudenses: O Trofeo Interuniversitario de Barcos Dragón no que non participou ningún Clube nin deportista local supuxo un desembolso esaxerado para as arcas municipais, así, gastáronse nunha comida 719 €, no aluguer dos barcos 2500 € e en publicidade 2500 €, segundo aparece nas facturas que están no departamento de Intervención Municipal.

 O BNG na Guarda denuncia deficiencias na Senda litoral

O concelleiro nacionalista advirte que a recentemente inaugurada Senda litoral, ten unha serie de deficiencias: a rotonda de Sta. Catalina ten un radio de xiro totalmente insuficiente que obriga a coches, furgonetas a manobrar repetidamente para poder dar volta na mesma, algo que xa se advertiu no seu momento. Tamén hai zonas nas que non existen acesos á lugares tradicionalmente utilizados para o baño, unha total inexistencia de papeleiras en todo o trazado sendo significativo no tramo urbano da rúa Fernández Albor, tampouco se tomaron medidas para a eliminación do seto existente que, segundo teñen denunciado os veciños, son un foco de infección e un niño de ratas, sen esquecer a falta de sentido duplo que desconxestione o Porto da Guarda,  …

O BNG solicita a retirada do canon da auga do Proxecto de Lei de Augas de Galiza

O Bloque Nacionalista Galego do Rosal, solicitará no próximo pleno que se celebrará a finais de mes, a retirada do Proxecto de Lei de Augas de Galiza, que foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado 27 de maio.

Para o BNG, o proxecto non introduce modificacións substanciais dende o punto de vista ambiental nin de protección dos recursos hidrolóxicos galegos. En cambio, si ve un claro obxectivo recadatorio por parte da Xunta, segundo explica o responsábel local da formación nacionalista, Alberte Alonso Pereira.  [...]

teletipos

tele bng