A deputada Carme Adán preguntará polas previsións sobre as novas rutas das compañías de baixo custe e as súas repercusións no Xacobeo. Tamén se debatirá unha proposición non de lei de Henrique Viéitez sobre o ERE presentado pola empresa Sykes en Coruña e Lugo
Visita institucional á Real Academia Galega:
Unha delegación da Executiva Nacional do BNG, encabezada polo portavoz nacional Guillerme Vázquez, realiza unha visita institucional á Sede da Real Academia Galega e mantén un encontro coa súa Comisión Executiva. Será ás 12:00 na Sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11 - A Coruña).